Site icon Crónica3.com A Mariña

ABSA asina un convenio de colaboración co CB Burela

Convenio con AbsaO Club Baloncesto Burela ven de asinar este mesmo venres 20 de setembro un novo convenio de colaboración con ABSA, polo que todos os equipamentos dos diferentes equipos do club levarán publicidade da empresa.

Dende o club salientan “esta aposta da empresa ABSA polo deporte de base, facendo posible neste intres de máxima dificultade no eido económico, que un bo número de nenos e nenas bureleses poidan practicar un deporte que sen lugar a dubidas redundará na mellora da calidade de vida dos mesmos e contribuirá á súa formación coma xogadores e coma persoas”. Pedro Chao Polo, presidente do club tamén quixo destacar que “mentres esta e outras empresas son as que apoian o deporte de base, algunhas institucións se esquecen dos máis novos”.

O club agradece a toda a directiva de ABSA “o seu empeño e traballo en beneficio de valores que coma o do esforzo, compromiso de equipo,… que dende o club queremos trasladar a os nosos xogadores e xogadoras”.

Exit mobile version