Site icon Crónica3.com A Mariña

Academia A Mariña inicia proximamente dous cursos sobre seguridade e desinsectación, desinfección e desratización

Burela, 27 de setembro de 2013. O vindeiro luns, 30 de setembro, dará comezo nas instalacións de Academia A Mariña en Burela un curso de 180 horas de vixiante de seguridade. Segundo explica o director do centro, Ramón Hermida, “se trata de la última convocatoria de este año 2013”. Aquelas persoas interesadas en acudir a esta cita poden poñerse en contacto co seguinte número de teléfono: 982 58 50 98.

E, o 5 de outubro, iniciarase en Academia A Mariña un curso de aplicador / manipulador de tratamentos de desinsectación, desinfección e desratización. Hermida indica que “está destinado a personal responsable de manipulación de biocidas en los establecimientos de almacenamiento y de venta”. Este curso terá unha duración de 21 horas, por tratarse do nivel básico, e impartirase os días 5, 19 e 26 de outubro no horario que se acordará cos asistentes.

Exit mobile version