Paleo sinala que “o que queremos é ir un pouco máis alá nas propostas que desde a Asociación de Comerciantes facemos ao longo do ano potenciando e rentabilizando os recursos propios do noso concello. De aí que aproveitemos as vindeiras pontes festivas para que aqueles que nos visitan poidan achegarse a disfrutar do noso rico patrimonio cultural, como é neste caso a Catedral de San Martiño”. A iniciativa de ACIA Foz podería realizarse tamén durante o vindeiro verán coa colaboración do Concello.
O alcalde de Foz, Javier Castiñeira, felicitou a ACIA por esta iniciativa: “a verdade é que este colectivo nos ten sorprendido pola multitude de campañas e pola actividade que desenvolven co obxectivo de promocionar o comercio e a hostalería e tamén o noso concello. Proba diso é esta campaña na que se oferta a todos os que consuman produtos dos locais asociados unha visita guiada á Basílica de San Martiño”. O rexedor dixo que “é moi interesante esta nova promoción. A ACIA o que tenta é motivar á xente para que coñeza o noso concello, temos aí unha xoia do prerrománico que necesita máis proxección da que ten e desde o Concello asumimos tamén a nosa responsabilidade”. E subliñou que “é un bo momento para promocionar esta xoia de Foz e da Mariña”.
O alcalde de Foz e o presidente da Asociación de Comerciantes presentaron este mediodía no salón de plenos do Concello esta actividade.
Festa do mexillón
Durante a ponte de outubro os días 11 e 12 celebrarase en preto dunha trintena de locais hostaleiros de Foz a Festa do Mexillón. José Carlos Paleo manifesta que “estamos traballando en varias citas gastronómicas e a primeira que imos facer coincidindo coa ponte festiva do Pilar é a festa do mexillón”. Os mesóns, bares e restaurantes participantes servirán tapas elaboradas con este bivalvo ao prezo dun euro.
Os establecementos son: A Funcional, A Maseira, A Rula, A Viña, A Bolera, Acuario, Oíche, Llas, Dallas, Express, May-Ros, Xoima, Anduriña, Casa da Roxa, Fina, Portovello, O Norte, Leyton, O Tangarte, O Tangarte Mariñeiro, pizzería Xoiña, As Brasas, Costumes do Mar, Dandy, O Lar e O Mar.