Site icon Crónica3.com A Mariña

As burelesas afrontan en Vista Alegre a remontada da XI Supercopa de España

bfsf-1314E por que non? A remontada é posible en Vista Alegre. Testemuña de numerosas proezas e capaz de contaxiar un espírito indomable. O feudo burelés determinará o campión da XI Supercopa de España que enfronta ao Burela Pescados Rubén e Atlético de Madrid Navalcarnero que chega ao partido de volta cunha cómoda renda (5-1). A cita pola conquista é o sábado día 14 ás 20:30 horas.

As mariñás encaran este encontro conscientes de que “é un desafío complexo pero non imposible, imos loitar por remontar o resultado da ida” comentou a capitá laranxa, Lidia Mesías, que recoñece que o favoritismo rojiblanco “é evidente, o Atlético ten un resultado moi favorable e agora é o máximo favorito pero debemos apurar as nosas oportunidades e non rendernos. Aínda podemos ser campioas, para logralo imos necesitar, unha vez máis, o apoio da nosa afección que sempre nos apoia e xogar con intelixencia cada fase do partido”.

Exit mobile version