Site icon Crónica3.com A Mariña

As ED Lourenzá Mondoñedo estudan a creación dun novo equipo de básket feminino

A sección de basket das ED Lourenzá Mondoñedo estuda a posibilidade de crear un novo equipo de basket de categoría sénior feminina, que militaría en Liga Provincial (Lugo e A Coruña). Este equipo estaría formado por xogadoras que por distintos motivos (estudos, laborais…) non poden saír a competir en Liga Nacional e por xogadoras de categoría júnior.

Todas aquelas interesados en sumarse á iniciativa das Escolas de Lourenzá e Mondoñedo poden pasar polo pavillón de Lourenzá o vindeiro venres 20 de setembro arredor das 20,00 horas ou tamén facer calquera consulta no correo escolaslourenza@gmail.com.

Exit mobile version