Site icon Crónica3.com A Mariña

As xornadas de promoción dos bolos para @s alumn@s do IES Illa de Sarón deron comezo o luns e rematan este martes

XORNADA PROMOCIÓN BOLOS NO IES ILLA SARÓN (5)Un ano máis, e antes de comezar a XXV Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello de Xove, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as da ESO do instituto.

Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contándose para o mesmo, como xa dixemos, coa colaboración do IES, máis concretamente co departamento de Educación Física do IES que dirixe Xabi Bouza.

Pola Xornada van pasar tódolos alumnos/as do IES, e nas mesmas se lles van explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, así mesmo, a oportunidade de xogar.

As xornadas van ter, polo tanto, unha dobre vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do xogadores Modesto Albo, o xogador máis veterano do Concello de 84 anos, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.

Estas xornadas comezaron este luns co seguinte programa:

Luns 30 de setembro:
– 13:40 a 14:30 horas: 2º de ESO (18 alumnos/as)
-16:30 a 17:20 horas: 4º de ESO (16 alumnos/as)
-17:20 a 18:10 horas: 3º de ESO ( 14 alumnos/as).

E as Xornadas rematarán este martes 1 de outubro:
– 9:00 a 9:50 horas: 1º de ESO ( grupo de 15 alumnos/as).
-9:50 a 10:40 horas: 1º de ESO (grupo de 15 alumnos/as)

O lugar onde se están desenvolvendo estas Xornadas é a BOLERA DO CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE, dado que está ubicado practicamente ao lado do IES Illa de Sarón.

O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en si, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 14 anos decidiu crear unha Liga Sub 18 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.

Loxicamente, por idade, o mellor sitio onde se poderían atopar novos xogadores sería o IES, dado que os alumnos/as da ESO teñan unha idade ideal para comezar neste xogo.

Dende o Concello só nos queda agradecerlle ao IES Illa de Sarón, en especial ao profesor Xabi Bouza, así como a Modesto Albo, toda a colaboración prestada na organización destas Xornadas.

Exit mobile version