Deste xeito Barreiros disporá así dunha base de datos única sobre a que xestionar todas as incidencias detectadas tanto pola propia Corporación Municipal como polos cidadáns. Trátase dunha aplicación para teléfonos móviles co sistema operativo Android que permite o envío automatizado incluíndo a tipoloxía da incidencia, fotografías, posición GPS. O rexedor, que lembrou que Barreiros xunto a outros sete Concellos mariñanos foi pioneiro na posta en marcha da administración electrónica, dixo que “calquera tipo de incidencia que xurda no noso municipio se poida comunicar e se poida resolver, que é o traballo de administración. A administración municipal é a máis próxima ao cidadán e é a que ten que dar unha resposta inmediata e ás veces non chega todo o rápido que quixeramos e ao mellor unha farola igual pode botar un mes apagada porque non hai esa notificación de que está fundida. Para evitar que estas cousas se produzan xorden ferramentas coma estas e para outras moitas máis”. Fuente Parga engadiu que “esta aplicación inclúe tamén as comunicacións para o punto limpo e leva un directorio cos teléfonos de interese do municipio”.
Pola súa banda o director de eLABORO, Jesús Velasco, sinalou que “gracias a esta aplicación todo el mundo tendrá conocimiento de la situación real del Concello. ¿Qué nos aporta el teléfono? Que podremos incorporar una fotografía, la fecha, una posición GPS e incluso podremos clasificar la incidencia y con un solo click se lo mandamos al Concello y el Concello recibe esa incidencia instantaneamente y luego clasifica, ordena y prioriza las indicencias para ser más eficiente, para saber qué es lo urgente, qué es lo importante y qué puede acometerse el mes que viene agrupando un montón de incidencias parecidas. Con esa fotografía el Concello lo que hace es ser más eficiente y además lo reporta automáticamente a aquellas empresas o técnicos que son los responsables de acometer la reparación. El Concello recibe posteriormente cuando ha sido realizada esa reparación y finalmente de una manera automática contesta al ciudadano agradeciéndole el reporte que se hizo en su momento a través del móvil, de un correo electrónico, etc, etc”.
Barreiros aposta non só por unha mellor xestión orzamentaria na priorización das incidencias, senón que busca un aumento da produtividade e unha maior transparencia na xestión municipal.
Ao acto de presentación desta mañá acudiron edís de varios concellos mariñanos e representantes de diferentes asociacións veciñais, culturais e deportivas.