Site icon Crónica3.com A Mariña

Besteiro: “Non é un reto persoal, iniciamos un reto colectivo do PSdeG cara a sociedade galega”

“Estou moi satisfeito e quero manifestar a miña enorme gratitude á militancia do PSdeG, porque confirmou cun comportamento absolutamente democrático un proceso magnífico vivido en Galicia”, afirmou Gómez Besteiro tras coñecer as primeiras aproximacións aos datos da votación, que apuntan á súa victoria clara e unha alta participación. “Nunca considerei este proceso como un reto persoal, senón como un reto colectivo, iniciase un reto colectivo do PSdeG cara a sociedade galega”, asegurou.

“Quero ter un recoñecemento expreso e sinaladamente para o meu compañeiro Manel Vázquez por presentar unha alternativa e por dar un moi bo exemplo durante estes meses de compartir o seu proxecto coa militancia e coa sociedade galega”, destacou o socialista, que manifestou o seu “compromiso coa militancia e coa sociedade galega, á que nos diriximos con ilusións renovadas e sobre todo confiando nos principios que eu manifestei hai meses, o principio da solidaridade, a xustiza social e a igualdade, que é o que inspirou, o que inspira e o que vai inspirar de forma decidida no futuro a este partido”.

Exit mobile version