Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela contou este ano co mesmo número de socorristas que en 2012

Burela, 30 de setembro de 2013. As concelleiras de Medio Ambiente e Turismo de Burela, Patricia López e Mónica Pedre, manifestaron que o Concello contou en 2013 co mesmo número de socorristas que en 2012, é dicir, dez. Os dez socorristas estiveron distribuídos nas praias de A Marosa e O Portelo, que tiveron atención preferente por ter bandeira azul, e Ril. Estas praias son as que tradicionalmente se atenden durante a época estival.

As edís burelesas indicaron que “o tempo de contrato foi de dous meses, como nos demais Concellos, e que durante este verán en ningún momento houbo problemas de seguridade. Os incidentes sempre foron menores, salvo un rescate que houbo que facer na Marosa”.

Deste xeito Patricia López e Mónica Pedre queren rebater as afirmacións de José Ramón Val, quen afirmou que Burela contara este ano con oito socorristas: “Iso é mentira; resulta sorprendente que este señor diga estas cousas tan alegremente sen corroborar antes as súas afirmacións. O que debería facer é pedir desculpas publicamente por mentir e poñer en dúbida o dispositivo de socorrismo nas praias de Burela”.

Exit mobile version