Site icon Crónica3.com A Mariña

CB Viveiro e Ensino Porta XI Lugo colaboran por segundo ano consecutivo no Stage de Tecnificación de Baloncesto

OLYMPUS DIGITAL CAMERADende o luns 9 ata o xoves 12 de setembro levarase a cabo o Stage de Tecnificación de Baloncesto na cidade do Landro, que consiste en adestramentos para rapaces e rapazas de 12 a 18 anos en sesións de mañá e tarde coordinadas polo corpo técnico do Ensino e coa colaboración do CB Viveiro e as propias xogadoras do Ensino.

Posteriormente de 19:00 a 21:00 horas o primeiro equipo do Ensino de LF-2 realizará os seus adestramentos no Pavillón Municipal de Viveiro.

O xoves 12, ademais, o equipo xogará un partido a partir das 20:00 horas. E, antes, durante a tarde celebrarase un clínic para adestradores con entrada libre na que participarán como ponentes Benjamín Longarela, preparador físico do Ensino e Antonio Pérez Caínzos, ex-adestrador do Leyma Coruña.

A inscrición no Stage segue aberta ata o xoves 5 de setembro. Os interesados poden solicitar información no teléfono 633 163 158 ou contactando cos clubs organizadores.

A organización agradece a colaboración do Concello de Viveiro, a Secretaría Xeral para o Deporte, Maquinaria Durán Lugo e Carferlo Viveiro.

Exit mobile version