Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia inicia o curso político cunhas xornadas de política municipal

Compromiso por Galicia inicia o curso político cunhas xornadas de política municipal o vindeiro sábado 14, no concello de Vilar de Santos (Ourense), cuxo alcalde pertence a esta formación.

Segundo indica o responsable de política municipal, o alfocense Iván Marrube, “trátanse dunhas xornadas abertas a todo aquel que queira participar e falar, e son interesantes xa que xiran arredor de distintas temáticas como a participación da muller en política, a fusión ou agrupamento de concellos. Ademais, varios concelleiros e concelleiras terán oportunidade de compartir e expoñer a súa experiencia”.

A formación galeguista comezará unha campaña a nivel municipal con múltiples mocións para reclamar que se tomen medidas e que a actividade política sexa transparente e a cidadanía sexa coñecedora e participe nas decisións públicas.

Exit mobile version