Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado das forzas de AGE na Mariña sobre o ataque a Siria

As forzas integrantes de Alternativa Galega de Esquerda na Mariña fanse eco da convocatoria da Coordinadora Galega pola Paz e acudirán o vindeiro martes día 10 de setembro, ás 8:30 da tarde, ás concentracións de cidadáns e cidadás ante os Concellos da nosa bisbarra contra o ataque estadounidense a Siria.

Consideramos que este ataque é ilegal e inútil, pero ante todo, pon en perigo a vida de moitos inocentes, o que non se pode xustificar de ningún xeito con argumentos de tácticas e estratexias militares ou económicas.

Entendemos que moi probablemente estamos ante movementos que só pretenden prolongar o conflito para debilitar aos dous bandos e deixar que o país se destrúa para ser máis facilmente controlable polos gobernos occidentais. Por iso non se axudou a crear unha Siria democrática cando o ditador aplastou a súa particular Primavera Árabe fai dous anos.

Pensamos que existen outros camiños que non implican o emprego de armamento, como os embargos de armas, as zonas de exclusión aérea, o establecemento de corredores humanitarios e as medidas económicas dirixidas contra os que fan negocio a costa das vidas da cidadanía siria.

Por iso, apoiamos esta convocatoria das asociacións sociais integrantes da Coordinadora Galega pola Paz e acudiremos a rexeitar esta nova operación internacional violenta e inxustificada.

Exit mobile version