Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto acústico de Chris Masuak en La Dékada

O músico australiano afincado na Mariña Lucense Chris Masuak ofrecerá o vindeiro venres 6 de setembro un concierto acústico no bar La Dekada en Covas (Viveiro). Chris Masuak alcanzou a fama xa de adolescente co lexendario grupo Radio Birdman, e con outros como The Screaming Tribesmen, The Hitmen o The New Christs , portadores da antorcha do punk rock australiano. Masuak foi nomeado recentemente membro da prestixiosa “Australian Music Hall of Fame” e o vindeiro venres 6 de setembro o público de Viveiro terá a oportunidade de disfrutar da faceta máis relaxada do músico australiano. No bar La Dékada, a partir das doce da noite tocará unha coidada selección das cancións que o acompañaron ao longo da súa carreira, que completará con temas míticos de rock and roll, que seguro o público poderá recoñecer.

Exit mobile version