Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto popular en defensa da sanidade pública na Mariña

A Asociación Cultural Xebra e o Colectivo Cultural Buril organizan o primeiro Concerto en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, no que tamén colabora a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña e que se celebrará o sábado 21 de setembro a partir das 17.00 horas no C.S. Xebra de Burela coa participación de: The Brosas, Grampoder, Skohlma, Komandante, Os Kentakiss e Batuko Rabentola. O prezo da entrada será de 6 euros.

O concerto xorde da proposta e iniciativa de mozos e mozas de diversos puntos da comarca comprometidos cunha sanidade pública, universal, gratuíta e de proximidade, concerto popular, que ten por obxecto reivindicar dende a xuventude, en positivo e dende a música, a sanidade como servizo público despois dos recortes realizados polo goberno central, o goberno de Feijóo e agora por unha Xerencia Integrada Provincial con centro de decisión en Lugo que nos rouba profesionais da saúde, prestacións sanitarias, infraestruturas e afasta a sanidade da cidadanía en beneficio da medicina privada.

É por iso que agradecemos a vosa presenza e a vosa colaboración en apoio da sanidade pública e tamén en apoio a unha xuventude que comparte a mobilización social como ferramenta fundamental para frear as actuais políticas neoliberais encamiñadas a desmantelar o sistema público de saúde, unha mocidade que tamén pensa que a música é unha ferramenta potente para facer visible a problemática actual, o estado da sanidade pública na Mariña, e sensibilizar e concienciar a poboación sobre un asunto como a saúde, un dos piares do estado de benestar.

A mocidade e a música da man en Defensa da Sanidade Pública na Mariña.

A CIG-Saúde da Mariña anima a participar no concerto
O concerto, explican dende a CIG-Saúde, xorde da proposta e iniciativa de mozos e mozas de diversos puntos da comarca comprometidos cunha sanidade pública, universal, gratuíta e de proximidade. “Un concerto popular, que ten por obxecto reivindicar dende a xuventude, en positivo e dende a música, a sanidade como servizo público despois dos recortes realizados polo goberno central, o goberno de Feijóo e agora por unha Xerencia Integrada Provincial con centro de decisión en Lugo que nos rouba profesionais da saúde, prestacións sanitarias, infraestruturas e afasta a sanidade da cidadanía en beneficio da medicina privada”, denuncian nun comunicado.

Por iso, agradeceron a presenza e colaboración da cidadanía neste acto en apoio da sanidade pública “e tamén en apoio a unha xuventude que comparte a mobilización social como ferramenta fundamental para frear as actuais políticas neoliberais encamiñadas a desmantelar o sistema público de saúde”. “Unha mocidade que tamén pensa que a música é unha ferramenta potente para facer visíbel a problemática actual, o estado da sanidade pública na Mariña, e sensibilizar e concienciar a poboación sobre un asunto como a saúde, un dos piares do estado de benestar”.

Exit mobile version