Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto popular na defensa da sanidade pública este sábado en Burela

A Asociación Cultural Xebra e o Colectivo Cultural Buril organizan o primeiro Concerto en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, concerto no cal tamén colabora a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña.

Este sábado 21 dende as 17.00 horas o Centro Social Xebra de Burela acollerá este concerto popular que conta coa participación de: The Brosas, Grampoder, Skohlma, Komandante e Batuko Rabentola; ademais das últimas incorporación de Nós Bandera e Batuko Tabanka. O prezo da entrada será de 6 euros.

O concerto xorde da proposta e iniciativa de mozos e mozas de diversos puntos da comarca comprometidos cunha sanidade pública, universal, gratuíta e de proximidade, concerto popular, que ten por obxecto reivindicar dende a xuventude, en positivo e dende a música, a sanidade como servizo público despois dos recortes realizados polo goberno central, o goberno de Feijóo e agora por unha Xerencia Integrada Provincial con centro de decisión en Lugo que nos rouba profesionais da saúde, prestacións sanitarias, infraestruturas e afasta a sanidade da cidadanía en beneficio da medicina privada.

É por iso que agradecemos a vosa presenza e a vosa colaboración en apoio da sanidade pública e tamén en apoio a unha xuventude que comparte a mobilización social como ferramenta fundamental para frear as actuais políticas neoliberais encamiñadas a desmantelar o sistema público de saúde, unha mocidade que tamén pensa que a música é unha ferramenta potente para facer visible a problemática actual, o estado da sanidade pública na Mariña, e sensibilizar e concienciar a poboación sobre un asunto como a saúde, un dos piares do estado de benestar.”

Exit mobile version