Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa aberta a inscrición para os cursos de adestrador de fútbol sala en Burela

O prazo de inscrición para os tres cursos federativos convocados pola Federación Galega de Fútbol en Burela, baixo o amparo da Real Federación Española, estará aberto ata outubro-novembro.

O de Instrutor de Fútbol Sala Base Nivel 1 pechará o 20 de outubro as probas de acceso e a formalización da matrícula o 1 de novembro; o prazo para o de Adestrador Territorial de Fútbol Sala Nivel 2 concluirá o 21 de outubro e o de Adestrador Nacional de Fútbol Sala Nivel 3 estará aberto ata o 4 de novembro.

Despois de dous anos albergando o ciclo de Instrutor, o IES Monte Castelo terá o privilexio de ampliar a oferta en 2013-14, incluíndo a formación de Adestrador Territorial e Adestrador Nacional, un privilexio que tan só compartirá neste curso coa Coruña.

No caso de que o número de alumnos sexa inferior a 15, nos niveis 1 e 2, ou 20, no nivel 3, o estudantado afectado poderá incorporarse ao grupo doutra escola ou solicitar a devolución do ingreso de matrícula.

Exit mobile version