Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristóbal Rodríguez vence no Torneo Nacional de Verán de esgrima á espada

Esgrima estivalO pentatleta internacional mariñán Cristóbal Rodríguez, actual Campión de España en elite absoluto e plusmarquista nacional de péntatlon moderno, asinou unha sensacional actuación no Torneo Nacional de Verán celebrado na cidade de Lugo e organizado polo club anfitrión do mesmo nome. Durante o torneo déronse cita 96 tiradores procedentes de Burgos, Valladolid, Logroño, Barcelona, as catro provincias galegas e tiradores de Portugal ás ordes do profesor Campanizo.

O deportista lucense comezou a Poule de todos contra todas moi centrado conseguindo gañala, o que lle permitiu pasar exento por coeficiente para a seguinte ronda, eliminando sucesivamente aos seus rivais en tablón de 64, posteriormente en tablón de 32 e 16 ata plantarse no tablón de 8 pasando limpo a semifinais onde eliminou a Iago García.

Cristóbal Rodríguez alcanzaba así a gran final celebrada a media tarde do sábado ante o tirador burgalés Héctor Rodrigo que cedeu con vitoria para o mariñán por un 15/8 para Rodríguez. Santiago Bescansa e Iago García completan o podio con cadanseu bronce.

Concentración de péntatlon moderno en Lugo
Por outra banda, o equipo nacional sénior de péntatlon moderno atópase concetrado en Lugo dende este luns baixo a dirección técnica de Manuel Montesinos e do maestro de espada Bondi Kovacts e a técnico da Federación galega Ruth Ballesteros. Rodríguez, que capitanea o equipo, pretende votar unha man nos adestramentos da Selección Xuvenil neste inicio de tempada en Lugo debido á inmediata celebración do Europeo de Péntatlon Moderno Xuvenil que se celebrará en Caldas de Rainha (Portugal) entre o 19 e o 22 deste mes.

Exit mobile version