Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso de linguaxe non verbal na UNED de Viveiro

A Aula Universitaria da Uned de Viveiro abre os cursos de extensión universitaria para o curso académico 2013/2014 coa impartición o día 27 de setembro en horario de 16:00 a 19:00 horas do curso introductorio á linguaxe non verbal. Esta acción formativa diríxese a aquelas persoas que desexen mellorar as súas habilidades comunicativas a nivel persoal ou profesional; e tamén a profesionais de tódalas especialidades, persoas en situación de desemprego, e todos aqueles que busquen unha mellora nas súas relacións interpersoais. Mais información naSecretaría da Uned (1º piso dos Claustros de San Francisco)ou a través do correo electrónico viveiro@lugo.uned.es ou do teléfono 982 56 36 01.

Exit mobile version