Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous podios para o club Castelarco no Trofeo San Froilán 2013

Este domingo 29 de setembro os arqueiros do club de tiro con arco Castelarco desprazáronse ata Lugo para participar no Trofeo San Froilán 2013 de tiro con arco en sala.

Ana María Briones Montes obtivo o segundo posto na modalidade de arco recurvo na súa categoría, sénior feminino, con 432 puntos sobre los 600 máximos posibles. Así, non só logra a segunda praza senón que supera en 12 puntos o seu récord persoal logrado no XXV Campionato Galego de tiro en Sala celebrado en Sigras (Cambre –A Coruña) onde rematou sexta.

Pola súa banda, Gabriel Galante Briones tamén obtivo a segunda praza na categoría cadete obtendo 518 puntos, lonxe das súas mellores marcas nesta distancia e diana.

Francisco Melo Bothelo situouse sexto na categoría infantil con 417 puntos.

E, na categoría sénior masculina de arco recurvo, o oitavo posto foi para Jorge Galante con 513 puntos, que tamén bateu o seu propio récord persoal situado nos 502 puntos obtidos o ano pasado neste mesmo Trofeo.

Xa por último, José Manuel García Cordido; “O Campaneiro”, situábase 17º con 449 puntos, superando ao igual que os seus compañeiros, a súa anterior marca de 431 puntos que o situaban no posto 30º do pasado XXV Cto Galego de Sala.

Exit mobile version