Site icon Crónica3.com A Mariña

Ecosocialistas cre que AGE como tal debe abordar o debate das eleccións europeas

A Permanente de Espazo Ecosocialista reafirmou a súa proposta de facer unha candidatura aberta e plural das esquerdas estatais e nacionais para facer fronte a Troica e as políticas de axuste e aproveitar a ocasión para rachar o modelo bipartidista PP-PSOE que sustenta o réxime.

O resultado das recentes eleccións celebradas en Alemaña poñen de evidencia a necesidade de procesos unitarios e de creación de alternativas na esquerda fronte á consolidación da dereita e das políticas de recortes e a incapacidade da socialdemocracia de xerar políticas diferentes.

Para Espazo Ecosocialista é moi importante que nas europeas se visibilice a maioría que rexeita as políticas de recortes sociais, ataques medioambientais e recentralización que está a xestionar o Partido Popular, coa complicidade do PSOE, ao servizo dos oligopolios europeos.

A Europa do Sur debe ter unha resposta unitaria desde Atenas a Lisboa, pasando por Galicia, e onde se vertebre unha alianza de proxectos nacionais e rexionais. En Galicia ese suxeito político debe concretarse arredor de AGE para o cal Espazo Ecosocialista considera necesaria a súa vertebración, consolidación e ampliación.

Ademais Espazo Ecosocialista esta a espera de manter contactos con Anova e EU para trasladarlle a necesidade de que máis aló das amplas alianzas electorais imprescindibles para afrontar este momento de contrarreforma social, nacional e democrática, faise necesario vertebrar unha esquerda nacional estratéxica e estable non o albur das diferentes convocatorias electorais.

As políticas de converxencia entre Anova, EU e Espazo Ecosocialista coma forzas próximas politicamente e aliadas debe levar a unha vertebración política cooperativa, para o que se iran buscando as formulas oportunas.

Xuntanza da CCC de AGE
Espazo Ecosocialista considera que xa que AGE debe ser o nucleo sobre o que se vertebre o suxeito político galego non pode ser alleo ao debate.

A un ano da constitución de AGE, Espazo recorda que estamos diante do aniversario dun cambio de concepción na esquerda galega, que levantou grandes expectativas e ilusións, e que seria unha irresponsabilidade non fortalecer esta aposta.

Por iso considera fundamental que a Comisión de Coordinación da Coalición de AGE(*) de xunte para abordar este e outros temas pendentes como a participación da base social na coalición ou a celebración de asembleas comarcais para preparar o debate do estado da autonomía e dos orzamentos da Xunta de Galicia coa cidadanía.

Conferencia Política Nacional de EEG
Espazo Ecosocialista ten convocada a súa Conferencia Política Nacional sobre ‘políticas de alianzas e converxencias sociais’ para os sábados 19 e 26 de outubro.

Na primeira sesión traballarase en tres mesas.

A primeira centrada no papel da cidadanía no cambio político, para o cal será xestionada por redes sociais que están xurdindo nas cidades de A Coruña e Vigo.

A segunda centradas nas novas axendas, fundamental para darlle a alternativa a unha dereita neoliberal ocupada no desmantelamento do estado de benestar e unha socialdemocracia ensimesmada e coa vista posta no pasado e nun modelo desarrolista que non pode nin debe volver.

As novas axendas pasan por un novo modelo de sustentabilidade social e medioambiental e de radicalidade democrática e están centradas no dereito a Vivenda, o, Cooperativismo e Finanzas Éticas, un novo Modelo Enerxetico e de Transporte, a Renda Básica de Cidadanía, os Dereitos Sociais, o desenvolvemento Rural, a Cultura de Paz, o Laicismo, os dereitos das persoas emigrantes, os dereitos das mulleres.

A terceira mesa abordará a construción da esquerda política nacional e contara coa presenta de Martiño Noriega, Coordinador Nacional de Anova, Yolanda Diaz, Coordinadora Nacional de EU, e Xoán Hermida, Coordinador Nacional de EEG.

Na segunda sesión Espazo Ecosocialista fará unha valoración das conclusións da primeira e convocará o proceso cara a súa II Asemblea Nacional.

Exit mobile version