Foi entón cando o visitou o xornalista e escritor Alvaro Ruibal, compostelán afincado en Barcelona como redactor de La Vanguardia. Do encontro foi testemuña este cronista. Catro anos mais tarde (1968), Ruibal publicou unha crónica de viaxes polo norte; fala da nosa bisbarra e conta cómo Mato relatou que recén casado con dona Pepita, convidou ó seu amigo, o mestre Padilla, a pasar unha tempadiña no seu pazo conxugal “solanero y romántico”, dí o reporteiro, e alí Padilla compuxo o tan famoso pasodoble “El Relicario”. “ Escribir esta abigarrada españolada bajo las carballeiras galaicas- di A. Ruibal- resulta un despropósito, pero las cosas vinieron de esta manera” e engade: “…don Ramón deambula por las calles de Foz invadido por la nostalgia. Es un anciano fornido, alto, todavía vital al que robaron su tiempo. ¡por favor devuélvanle el tiempo a Fernández Mato…!” (La Vanguardia 28 – 6 –68).
Suso Fernández
Cronista Oficial de Foz