Site icon Crónica3.com A Mariña

Emma, Brais, Diana, Nico, Ana, Xana e Aarón vencen na Benquerencia Terra Mar no regreso de Manuel Folgueira á sección

atletas lourenzaImpresionante xornada este domingo en Barreiros onde se celebrou a I Carreira Popular Terra Mar de Benquerencia con excelentes resultados para a sección de atletismo das E.D. Lourenzá Mondoñedo con sete corredores das categorías inferiores liderando cadansúa clasificación.

Resultados Categorías Inferiores
PITUFOS FEMININO: 1ª – Emma García

PREBX MASCULINO: 1º- Brais Díaz 3º – David Martínez

PREBX FEMININO: 1º- Diana Lastra 2ª – Carmen García

BX. MASCULINO: 1º- Nicolás Álvarez

BX. FEMININO: 2ª – Hiba Bouyzar

AV. FEMININO: 1ª – Ana Vallines

INF. FEMININO: 1ª – Xana Rodríguez

CAD. MASCULINO: 1º – Aarón Rivas

CAD. FEMININO: 3ª – Carmen López

Resultados Adultos:
Este domingo debutaban dous exalumnos que se formaron nas nosas Escolas e que volven pola porta grande á sección de atletismo: Martín Pardiñas e o que fóra no ano 2000 subcampión galego de Campo a Través, Manuel Folgueira. Ambos, xunto con José Carlos Díaz fixeron un carreirón nos 7 kilómetros da proba:

– Manuel Folgueira: 13º Xeral / 5º Sénior/ : 28,18

– Martín Pardiñas: 18º Xeral / 7º Sénior/ : 29,31

– J. Carlos Díaz: 31º Xeral / 14º Veterano A/: 31,15.

Exit mobile version