Site icon Crónica3.com A Mariña

Estrea da obra de teatro de ‘A Maseira’

a maseiraEste luns 2 de setembro, o Grupo de Teatro Xuvenil “A Maseira” de Alfoz e O Valadouro estreou nova obra de teatro. Foi en Ferreira do Valadouro, dentro da Semana do Teatro do Valadouro. A obra estreada foi “Deusas”, orixinal de Pepe Peinó. Seis actrices deron vida a cinco deusas do Olimpo e unha aprendiz de deusa que reflexionaron durante 40 minutos sobre as limitacións da vida humana e sobre a felicidade. As actrices foron Sabela Quirós (Atenea), Lara Fanego (Afrodita), Andrea Geada (Hestia), Tania Pernas (Hera), Cristina Trigo (Artemisa) e Rocío Sixto (Iaso). Esta é a cuarta obra que representa “A Maseira” nos seus dous anos de existencia, despois de “Asasinato na tenda de roupa”, “Diñeiro negro” e “A Caixa de Pandoriña”.

Exit mobile version