Site icon Crónica3.com A Mariña

Estrea en Vista Alegre con Energy

juanlu-inter13O Burela Pescados Rubén estrea a tempada en Vista Alegre con Energy como espectador de luxo. O encontro ante Xota Navarra, correspondente á segunda xornada da LNFS, dispútase o venres día 20 ás 22:30 horas e será retransmitido en directo por Energy TV. Ambas escuadras chegan a este duelo de altura nunha posición de contraste. Os mariñás gañaron con solvencia en Peñíscola (1-3) mentres que os navarros caeron sorprendentemente no templo de Anaitasuna (1-4) ante o recentemente ascendido Montesinos Jumilla.

O conxunto dirixido por Juanlu quere certificar o seu bo inicio ante un clásico da Liga como é o Xota Navarra, unha escuadra que Juanlu destaca pola “súa velocidade e a súa seguridade defensiva. Realizan un xogo moi directo e rápido. Pola súa filosofía de xogo séntense máis cómodos xogando como visitantes que na súa casa onde están máis obrigados a levar a iniciativa”.

No referente ao seu propio equipo mostrouse moi satisfeito co traballo semanal xa que “por primeira vez, o persoal ao completo puido adestrarse ao cen por cento sen ningún tipo de problemas físicos. Medímosnos a un rival co que podemos chegar a competir por idénticos obxectivos e é unha boa oportunidade para marcar distancias”.

Convocatoria: Edu, Isi, Christian, Antoñito, Burrito, Matamoros, Alex, Mimi, Hugo, Carlitos, Iago Míguez e Juanma.

Exit mobile version