Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito do Día da Bici en Xove

bici-xoveXove acolleu o Día da Bici o sábado 21 de setembro, organizado pola ACD Xove cunha participación de 260 ciclistas que tomaron a saída dende o Centro Cívico de Xove para realizar un paseo pola vila. A continuación, o grupo dos máis grandes realizou unha ruta de 16 km polas parroquias de Lago, Moras e Sumoas. durante este tempo, os máis pequenos desfrutaron de xogos nas bicis, globoflexia, pintura de caras… na Praza do Concello. Despois da merenda para todos realizouse o sorteo de material deportivo doado por distintas casas comerciais. O alcalde e a concelleira de deportes fixeron entrega do premio estrela, unha bicicleta doada polo Concello. Pablo Filgueiras, con tan só dous anos, conseguiu o premio ao participante máis novo en rematar a ruta pequena por Xove, mentres que o trofeo ao participante máis veteranos foi para Tomás López Amado.

Exit mobile version