Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz viaxa ao século X

III Festa Normanda FozFoz acolle dende o venres e ata o domingo a III Festa Normanda que arrancou co asentamento do campamento normando e o pregón de Francisco Narla. Despois da escenificación da lenda do Bispo Santo, os participantes peregrinaron ao Concello onde foron recibidos cunha queimada. O sábado celebrouse o desembarco normando e diversos xogos e talleres. Trátase dunha festa do pobo focego na que se implican numerosos colectivos e que pretende pechar o verán cunha festa de retorno ao século X.

Exit mobile version