Site icon Crónica3.com A Mariña

Galego para inmigrantes en Burela

A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela xunto co servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa organiza unhas xornadas de iniciación da lingua galega para inmigrantes. O curso será impartido nas dependencias da Casa da Xuventude e dará comezo o luns, 23 de setembro, ás 9:30 da mañá e terá unha duración total de 10 horas. “Con esta formación, preténdese que a poboación inmigrante recen chegada a Burela adquira nocións básicas da lingua da sociedade de acollida, posto que é a lingua unha das ferramentas principais para unha boa integración socio laboral”, segundo Diana Durán, concelleira de Servizos Sociais en Burela.

Exit mobile version