Site icon Crónica3.com A Mariña

II Concurso decoración Festa Normanda Foz

P. AnduriñaO colectivo de hostaleiros e comerciantes de Foz implicáronse por segundo ano no concurso de decoración da Festa Normanda cunha mellor resposta que o anterior. Este ano foron 13 os locais participantes entre os que resultou gañador a Pastelería Anduriña, que recibe 300 euros e diploma; pero, ademais, o xurado decidiu tamén outorgar dous accésits con diploma ó Mesón As Brasas pola decoración interior e a Electricidad Núñez, especial comercio. Dende a organización, e especialmente Mercedes González Alonso, promotora da Festa, queren agradecer o traballo e o esforzo realizado para decorar os establecementos e a calidade do presentado animando a que o vindeiro ano a participación siga medrando.

Exit mobile version