Un ano máis comeza o curso na Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo, unha aposta cultural e de ocio. As especialidades que se impartirán este curso será música e movemento para os máis pequenos de 4 a 7 anos, instrumentos de corda, instrumentos de vento, coro, banda, percusión e aula de música para adultos. O martes, 17 de setembro haberá unha festa de presentación para tódod@s rapace@s con actividades e xogos musicais a partir das 19.30 horas na Escola de Música. Unha hora máis tarde, ás 20.30 horas terá lugar a presentación do curso escolar 2013/14, entrega de horarios e concerto no Auditorio Municipal. Para máis información podese chamar ao 607423721 / 677838812.