Site icon Crónica3.com A Mariña

Instalacións melloradas no centro de Las Hijas del Divino Celo

visista HDCO pasado mércores a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, xunto con responsables de La Caixa visitaron as novas instalacións da Casa de Familia San Aníbal que as Hijas del Divino Celo, tras alcanzar un acordo con La Caixa, puxeron en marcha este verán. As novas instalacións son máis amplas e contan con zona exterior para ubicar o centro de acollida para menores de 0 a 18 anos en situación de garda ou tutela pola Xunta de Galicia. O centro, que conta con 8 prazas concertadas coa Consellería de Traballo e Benestar, atendeu a 11 menores da Mariña dende a súa posta en funcionamento en xuño do 2012. Durante a visita a conselleira puido coñecer as mellores realizadas que consisten nunhas instalacións máis cómodas e amplas, unha zona exterior de xogos de 180 metros cadrados, zonas de traballo, outras de atención individualizada, e melloras na seguridade e accesibilidade.

Exit mobile version