Site icon Crónica3.com A Mariña

José Jesús Novo Martínez, reelixido presidente do PP de O Vicedo

pp-ovicedoLugo, 20 de setembro de 2013.- O concello mariñán de O Vicedo acolleu esta tarde- noite o congreso local dos populares, onde, José Jesús Novo Martínez, foi reelixido presidente.

Foron os afiliados e militantes do PP neste concello mariñán, os que de xeito directo, decidiron que Novo Martínez, único candidato que se presentou a dirixir o partido a nivel local, continuase liderando esta agrupación, un cargo que viña exercendo dende 2007, ano no que se constituíu o último comité local .

Comité Executivo de O Vicedo
No comité que preside José Jesús Novo Martínez, figuran: como secretario, Francisco Javier García; como tesoureiro: Juan José Ruíz-Giménez; e como vocais: Vicente Riveira, José Luis Fernández, María del Pilar Otero, José Leopoldo Sequeiro, José Carreja, María Mercedes Beceiro, María Faustina Solloso, José Trasancos, Ramón Couto, José Ángel Canoura e Antonio Polo.

Por outra banda, o presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro destacou o traballo que José Jesús Novo Martínez está a desenvolver ao fronte da alcaldía coma ao fronte da agrupación local e afirmou que “e un exemplo de persoa traballadora e comprometida cos seus veciños”.

Biografía e traxectoria política
Nado no ano 1959 en Estaca de Bares, o actual alcalde do municipio cursou estudos de Náutica pesqueira.

No que atinxe ao eido político, José Jesús Novo Martínez exerce de rexedor dende xaneiro de 2001 e desempeñou a labor de tenente de alcalde entre os anos 1995 e 2001. É afiliado ao partido popular dende o ano 1994, e desempeña, ademáis da labor de alcalde, a de Deputado Provincial e Coordinador Sectorial de Pesca na Executiva Provincial do PP.

Exit mobile version