Tal e como defendeu Mario Outeiro, “renunciar aos recortes nos servizos públicos é fundamental para evitar, neste caso, a falta de medios para previr e extinguir incendios, debendo pular pola tecnificación e profesionalización dos recursos”. Mario Outeiro afirmou tamén que “a Xunta de Galiza debe revisar de xeito inmediato o dispositivo de defensa contra incendios forestais e, conxuntamente co goberno do Estado, implementar de maneira urxente as medidas dirixidas a paliar os danos causados pola vaga de lumes e contribuír a súa extinción.
Finalmente, Mario Outeiro defendeu que “as axudas da Xunta e do Estado deben dirixirse ao restablecemento das infraestruturas públicas e privadas, cultivos e infraestruturas agrarias e levar a cabo actuacións para evitar a erosión do monte e os arrastres de terras a ríos e ao mar”.
Inauguración da Casa Museo de Manuel María
Mario Outeiro estendeu a invitación a participar mañá en Outeiro de Rei na inauguración da Casa Museo de Manuel María, un proxecto xurdido da Fundación Manuel María e que desde o primeiro momento contou co respaldo da Área de Cultura da Deputación de Lugo. De feito, malia que outras administracións tamén colaboraron na musealización da casa natal de Manuel María, foi a Área de Cultura quen arroupou o proxecto desde os seus inicios. De feito, ao longo dos anos que levou o proceso de creación da casa museo, a Área de Cultura da Deputación aportou 330.000 euros tanto para a súa adquisición por parte da Fundación Manuel María, a súa rehabilitación e a posterior musealización.