Site icon Crónica3.com A Mariña

MAUMarela ofrece unha conferencia sobre como estimular a intelixencia d@s fill@s

carolinaRibadeo, 30 de setembro 2013.- A cooperativa MAUmarela! organiza esta tarde do luns 30 de setembro unha conferencia aberta a nais e pais onde se falará sobre os diferentes programas de estimulación das habilidades da intelixencia que imparte este Espazo de Aprendizaxe e Creatividade Pedagóxica con sede en Ribadeo. A conferencia estará conducida por Carolina García Chico, coordinadora da área pedagóxica de MAUmarela! e Guillermo Hernández, coordinador de Formación.

A conferencia, aberta e gratuíta, inaugurará a semana de portas abertas en MAUmarela! Nen@s e adult@s poderán coñecer a oferta formativa do centro, que pasa por Arquitectura para pícar@s, debuxo, escultura, escritura creativa, taller de Xornalismo e blogs, Filosofía para Nen@s, chinés… Unha oferta “innovadora e moderna; variada, pero sempre cun elemento pedagóxico común, que está envolvéndoo todo”, sinala Guillermo. “Somos conscientes de que as propostas non son moi coñecidas, a pesar de levar moito tempo aplicándose noutros sitios. Por iso queremos abrir as portas a toda a xente da Mariña, para que se acheguen a coñeceros”, engade.

A conferencia desta tarde tratará un tema que inqueda a moitas nais e pais: “Falaremos do concepto de intelixencia e de cómo cremos que se pode potenciar, entre outras cousas, a través dos nosos programas”, sinala Carolina. “Nós cremos que a intelixencia é algo evolutivo, non é que as nenas ou nenos se vaian facer máis listos. O que podemos é dar pautas para exercitar a intelixencia. Alguén que corre exercítase correndo a intelixencia tamén hai que estimulala”. En MAUmarela apostan pola estimulación da creatividade aplicada aos estudos, incidindo na parte motivacional e buscando novas metodoloxías.

MAUmarela! é un espazo de aprendizaxe e creatividade pedagóxica onde se xuntan un equipo de sete profesionais. Ten tres liñas de acción: a formativa –coordinada por Guillermo Hernández, lic. en Filosofía–, a pedagóxica –coordinada por Carolina García Chico, pedagoga especialista en pedagoxía terapéutica e intervención en terapia familiar–, e a cultural –coordinada por Celtia Traviesas, enxeñeira técnica e xornalista–. Ofrece unha ampla e variada oferta de actividades extraescolares e talleres , tanto para nenos como adultos e 3ª idade: Arquitectura para pícar@s, Espazo artístico, Filosofía para nen@s, Taller de Xornalismo, Arteterapia, Estratexias de Estudo, Estratexias da Intelixencia…

Na foto: Carolina García Chico, coordinadora da área pedagóxica de MAUmarela!

Exit mobile version