Site icon Crónica3.com A Mariña

Meritorio empate do Burela FS B na dura pista compostelá (2-2)

O Burela FS Pescados Rubén B regresou da capital galega cun meritorio empate no inicio de Terceira División 2013-14. A escuadra de Iván Cao ‘Lucas’ conseguiu un valioso punto na primeira xornada, na casa dun dos grandes favoritos, o Santiago Futsal B (2-2).

Os laranxas tiveron que pelexar contra o electrónico. O Burela FS B soubo reaccionar á iniciativa goleadora dos locais, co 1-1 de Hélder; no entanto, a escasos segundos para o descanso, os composteláns volveron tomar a iniciativa no luminoso (2-1). Na recta final, un dobre penalti de Manu Jiménez outorgoulles a igualada aos burelistas.

Estrea en Vista Alegre
O cadro de Lucas presentarase ante a afección mariñá este sábado, 5 de outubro; recibirá o Troula FS en Vista Alegre, ás 16.00 horas.

Ficha técnica
Santiago Futsal: Cinco inicial, Santi Valladares (1), Marcos, Álex, Marcos e Ricardo; tamén xogaron Simón, Daniel, Fidel (1), Pablo, Sergio, Gabriel e Fran

CD Burela FS Pescados Rubén B: Cinco inicial, Javi, Manu (1), Carlos, Antón González e Alemán; tamén xogaron Xoel, Antón Couto, Pancho, Hélder (1), Aitor e Keko.

Árbitros: Valentín Presedo e Julio de la Iglesia (Delegación de Santiago). Tarxetas amarelas a Ricardo e Fran, por Santiago, e a Manu e Alemán, por Burela. Vermella ao compostelán Simón e ao mariñán Antón Couto.

Exit mobile version