A Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón celebrarase no Teatro de Ribadeo (rúa San Roque, 2) entre o venres 27 e o domingo 29 de setembro cun prezo da entrada de 2 euros. O venres 27 a partir das 20.45 h será a quenda do grupo de teatro da A.C. Francisco Lanza que achegará a peza ‘O cego’, de D. Cortezón, dirixida por Jose Rico e interpretada por Jose Rico, Toni Deaño e Adela Eiros. Ás 21.00 h será o grupo de teatro A Rabela, de Baralla, a que interprete ‘A miña sogra é incrible’, de Xavier Escrivá. O sábado 28 ás 21.00 h poderase ver enriba do escenario ‘Eran outros tempos’, dirixida por José García, da man de Disfunción Continua (A Estrada). Finalmente, O Bordelo de Cervo pechará a mostra o domingo 29, tamén ás 21.00 h, con ‘A fume de carozo’, escrita e dirixida por Fco. Piñeiro.