Site icon Crónica3.com A Mariña

Mostra sobre Vidal Bolaño en Burela

A Concellería de Educación e Turismo de Burela organiza en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística unha exposición sobre Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2013. A exposición estará situada na Sala de Arte da primeira planta da Casa da Cultura e poderase visitar desde o vindeiro luns, 23 de setembro, ata o 10 de outubro, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas. A edil Mónica Pedre convida a achegarse a ver esta exposición “aos veciños e veciñas de Burela e aos que visiten a nosa vila ao longo das vindeiras semanas”.

Exit mobile version