Site icon Crónica3.com A Mariña

Nais e Pais do Ceip de Cervo inician mobilizacións contra a implantación do Decreto de comedores escolares

Nais e Pais do Ceip de Cervo inician mobilizacións contra a implantación do Decreto de comedores escolares.
Unha vez iniciado o curso, as nais e pais dos alunos e alunas transportad@s, atopamonos coa supresión do dereito a comedor gratuito a todos os escolares con dereito a transporte pola distancia entre o colexio e a sua casa.

Nunha asamblea decidimos, ante o desacordo na perdida dun dereito que garantizaba a escolarización dos nosos fill@s, solicitar as autoridades educativas, transporte a medio dia, así como unha modificación na xornada escolar. Tamén mostramos o noso desacordo polo incremento do coste do menú, de 3,20€ a 4,50€ que asumian as nais e pais que non tiñan dereito ao servizo.
As nais e pais afectados non aceptamos a pérdida deste dereito, por ser un servizo que debe prestar a administración para garantir o a educación obligatoria dos menores.

Celebraremos concentracións a partir de mañá, os venres ás 15h, diante do Centro escolar.

Exit mobile version