Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo equipo de básket feminino das ED Lourenzá Mondoñedo

laura e ainoaAs E.D. Lourenzá Mondoñedo teñen novo equipo sénior de básket feminino. Este martes, o último día para inscribir o equipo, concretouse de forma oficial a inscrición para participar na Liga Provincial de Lugo e A Coruña.

Así pois, por primeira vez na historia as Escolas presentarán dous equipos en ámbito sénior feminino, un en Nacional e outro en Provincial.

As rapazas que se farán cargo da secretaría técnica e xogarán tamén neste novo proxecto serán a capitana durante moitos anos en autonómica Laura Fernández e a tamén xogadora formada nas categorías inferiores Andrea Rodríguez.

Ademais, o equipo agora mesmo está formado polas ex-xogadoras de autonómica a laurentina Marta Peláez, a burelesa María García Novoa e a focense Ainhoa Vega; coas sénior Iria Sánchez, Milka Rubal e Cristina Rubal e as júnior Patricia Rodríguez, María Taboada e Tania Irimia. Da delegación do equipo encargarase Noelia García e como adestrador estará Mariano De La Torre.

*Fotografía: Laura e Ainhoa recollendo o trofeo Lourenzá en Xogo no ano 2012.

Exit mobile version