Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela acompañará ó Burela F.S. á III Gala do Fútbol Galego en Lugo

180913 Foto Burela FSF con alcaldeBurela, 19 de setembro de 2013. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, acompañará mañá a Lugo ao Club Burela F.S. á III Gala do Fútbol Sala Galego. O club burelés está nominado na categoría de mellor club galego. O acto desenvolverase no edificio administrativo da Xunta na Ronda da Muralla a partires das 20.30 horas.
O rexedor quere arroupar coa súa presenza ao club burelés “e agradecerlle unha vez máis ao equipo feminino os logros deportivos conseguidos na pasada campaña e a promoción que supuxeron para Burela, ademais de animalas e animalos a loitar na tempada que comeza”.

Exit mobile version