Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG conmemorará este domingo a Galiza Mártir en Alfoz

O BNG de Alfoz-Valadouro artellou para o domingo 22 a partir das 13:00 h., un xantar de confraternidade no espazo de lecer do Castrodouro, Alfoz (a carón do castelo), conmemorando o DÍA DA GALIZA MÁRTIR.

Esta conmemoración comezou a organizarse dende a Asemblea do BNG de Alfoz-Valadouro no ano 1997, polo tanto este ano cúmprense dezaseis deste evento local.

Trátase dun xantar de lembranza e homenaxe a todos os represaliados, exiliados ou asasinados pola defensa da liberdade, a democracia e os dereitos nacionais da Galiza.

Antes do xantar daráse lectura a un manifesto a prol da soberanía nacional da Galiza, e ao remate da comida terá lugar un recital poético a cargo de persoeiros do eido literario mariñao, adicado ás vítimas de persecución e represión por causas ideolóxicas.

Na clausura do evento soará o Himno Galego interpretado por un grupo local de gaiteiros.

A participación no xantar debe comunicarse ao enderezo electrónico: alfozvaladouro_bng@hotmail.com.

Exit mobile version