O Burela Pescados Rubén logrou o pase para a fase final da Copa Xunta 2014 tras impoñerse por 6-0 ao A Fervenza nun duelo monocor. As pupilas de Quico Otero venceron sen apuros ás ferrolás demostrando a diferenza de categoría existente. Silvia, en dúas ocasións, Peque e Lidia certificaron o dominio laranxa (4-0) ao descanso e na continuación a dinámica repetíase. Lidia marcou o quinto e Claudia nunha acción individual completou o set en branco.