Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela Pescados Rubén domina no seu primeiro encontro ligueiro

O Burela Pescados Rubén liquida con autoridade o seu primeiro desafío ligueiro cunha vitoria por 1-3 na pista do Peñíscola Bodegas Dunviro. A escuadra dirixida por Juanlu anulou o empuxe inicial dos levantinos e no ecuador do primeiro tempo encarrilou a vitoria con goles de Matamoros e Mimi. O estilete laranxa sacou o seu fusil a relucir para lograr o 0-1 e Mimi marcou a porta baleira tras presionar e roubar o esférico a Gus para establecer o 0-2.

O Burela Pescados Rubén mandaba no electrónico e apropiouse tamén do control do xogo ante unha escuadra local impotente ante a superioridade visitante. Juanma certificou o dominio burelés co 0-3, minuto 14, nunha brillante acción colectiva. Aínda que os laranxas seguiron xerando ocasións, ao descanso chegouse co 0-3.

Na continuación, os locais intentaron apertar a un Burela que respondeu con posesións longas e apoiado na súa seguridade defensiva neutralizou calquera perigo levantino e ata puido aumentar a súa renda aínda que sen éxito. O Peñíscola intentou reaccionar co xogo de cinco pero unicamente logrou o seu obxectivo nos instantes finais por mediación de Juanqui que selou o 1-3 definitivo.

Peñíscola Bodegas Dunviro: Gus, Uge, Asensio, Diego Blanco, Juanqui –cinco inicial- Iván, Contreras, Charly Maza, Buitre, Gonzalo y Solano.

Burela Pescados Rubén: Alex, Mimi, Antoñito, David, Matamoros –cinco inicial- Iago Míguez, Isi, Hugo, Christian, Carlitos y Juanma.

Goles: 0-1, m.9, Matamoros; 0-2, m.10, Mimi; 0-3, m.14, Juanma; 1-3, m.40, Juanqui.

Exit mobile version