Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela abre o prazo de solicitude de axudas para adquisición de material escolar para o curso 2013/2014

Burela, 17 de setembro de 2013. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases do Concello de Burela que rexerán a convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2013/2014. Están destinadas a alumnos/as empadroados/as en Burela, cursen estudos ou non no municipio en infantil, primaria e ESO.

Poderán solicitar ditas axudas aquelas persoas que non dispoñan de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas: ingresos non superiores ao importe do subsidio básico máis o complemento familiar da Risga que lle correspondería a cada caso en función do número de persoas que conforman cada unidade familiar; estar empadroados en Burela e cursando estudos neste municipio ou noutro e presentar a solicitude dentro do prazo sinalado, xunto á documentación esixida.

O importe máximo das axudas será de 75 euros para educación infantil e 60 euros para primaria e ESO. O Concello destina para este fin un crédito máximo de 4.000 euros, segundo informa a Concellería de Servizos Sociais. Diana Durán explica que “o prazo de presentación será de 40 días naturais dende a súa publicación no BOP e no taboleiro de edictos do Concello”.

A documentación que deben presentar os interesados en recibir estas axudas: fotocopia do DNI do solicitante, NIE ou pasaporte; fotocopia do libro de familia; factura do gasto orixinado pola adquisición do material escolar; fotocopia do certificado de discapacidade, resolución de invalidez ou do recoñecemento do grao de dependencia, no caso de que algún membro da unidade de convivencia estea afectado por algún tipo de discapacidade; declaración de ingresos de todos os membros da unidade familiar en idade laboral que convivan no domicilio; de ser o caso, copia da sentenza de separación, divorcio ou nulidade, xunto co convenio regulador e en defecto destes, declaración xurada de percibir ou non pensión alimenticia a favor de fillo/a a cargo; e declaración da renda do ano 2012 ou certificado negativo no caso de non estar obrigado/a a presentala. Documentación e impreso cuberto deberán presentarse no rexistro xeral do Concello de Burela.

As bases e os seus anexos están a disposición das persoas interesadas nas dependencias do servizos sociais comunitarios. Si as solicitudes non reunisen os requisito sinalados, requiriráselle ós/ás interesados/as para que no prazo máximo e improrrogable de dez días corrixa as anomalías advertidas; de non facelo teráselle por desistida a súa solicitude.

Exit mobile version