Segundo explican os edís populares “a pista presentaba algunha deficiencia, a rea non estaba ben repartida e o estado non era correcto, precisaba unha limpeza e un acondicionado da mesma. Nas últimas semanas recibimos suxestións de varias persoas que practican ese deporte e agora estamos a realizar eses traballos para que a pista de pádel se atope nas mellores condicións posibles para o seu uso”. Ditas obras rematarán esta tarde e non suporán, polo tanto, o peche da instalación.
Piñeiro e Fernández Valle lembraron que “seguimos a liña trazada actuando naquelas instalacións que así o requiren. Xa fixemos obras de mantemento e mellora nos campos de herba artificial e de herba natural na Marosa, así coma no pavillón Vista Alegre e seguiremos a realizar outras actuacións en breve”.