Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo abre o prazo de matrícula nas escolas deportivas municipais ata o 30 de setembro

cartel escolas ribadeoRibadeo, 17 de setembro de 2013. Ata o 30 de setembro está aberto na Casa da Xuventude o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de Ribadeo 2013/2014. Durante o presente curso haberá 12 modalidades: fútbol, fútbol-sala, patinaxe, natación, tenis, baloncesto, ximnasia rítmica, padel, karate, atletismo, tenis de mesa e baile deportivo.

As escolas deportivas municipais están dirixidas a nenos e nenas nados de 2000 a 2009, ambos incluídos. A cota por escola é de 60 euros e o prazo para facer o pagamento remata o 31 de outubro. Desde a Concellaría de Deportes sinalan que “dito pagamento efectuarase na conta corrente do Concello en Caixa Rural, poñendo coma concepto matrícula escola deportiva e o nome do matriculado. Despois o resgardo debidamente cumprimentado será entregado na Casa da Xuventude. A falla do ingreso implicará a baixa nas escolas”.

Segundo informa a Concellería de Deportes “nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o 1 de outubro, tendo preferencia os empadroados/escolarizados en Ribadeo”. As inscricións poderanse presentar ata finais deste mes de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e os luns e os mércores tamén pola tarde de 16 a 20 horas. Os interesados en obter máis información poden chamar por teléfono ao 982 129 889.

Onte tivo lugar a presentación da escola de baloncesto e tamén comezou a traballar a de fútbol. O día 25 de setembro iniciará a súa andaina a de atletismo e o 28 de setembro será o turno para a de baile deportivo. No caso do fútbol-sala haberá unha xuntanza o 30 de setembro ás 19:30 horas no pavillón. As escolas deportivas de padel, de ximnasia rítmica e de patinaxe inícianse o 1 de outubro, as de karate e de tenis de mesa darán comezo o 2 de outubro, a de natación o 4 de outubro e a de tenis o 14 de outubro.

As escolas deportivas municipais do Concello de Ribadeo concluirán entre o 15 de maio e o 1 de xullo respectivamente.

Exit mobile version