Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove fomenta o comercio local en galego

O Concello de Xove está a desenvolver unha campaña subvencionada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para reforzar o idioma galego nas relacións comerciais e empresariais en xeral.

Este proxecto ten dúas accións:
-Asesoramento ás empresas para a normalización e normativización da súa documentación, para fomentar que o galego sexa a súa lingua de comunicación. Esta acción desenvólvese coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade da Mariña.

-Campaña nadal, que abarcará entre outras cousas un curso de paquetería en galego para formar ás persoas que traballan no sector comercial en Xove. Este curso comezará o próximo luns 30 de setembro e impartirase na aula de formación en horario de 20:30 a 22:30 h. de luns a xoves, rematará o 17 de outubro. As persoas interesadas en obter máis información poden poñerse en contacto coa ACIAM local ou co Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local (tlf.: 982592001, correo electrónico: aedl@xove.es)

Traballo conxunto:
Estas accións realízanse conxuntamente coa ACIAM de Xove.

Carácter innovador:
Trátase dunha campaña innovadora. O curso terá como obxectivo aprender técnicas de paquetería ao mesmo tempo que se leva a cabo unha promoción do uso da lingua galega.

Máis actividades de promoción:
O Concello conxuntamente coa ACIAM ten programadas outras actividades dentro desta campaña.

Exit mobile version