Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove reforma e mellora un vial en Vilalpol

Obra consistente na reforma, ampliación e mellora dun vial no burgo de Vilalpol, na parroquia de Portocelo. Desenvolveuse en varias fases. Na primeira repuxéronse os muros de mampostería existentes por compensación de cesión de terreo por parte dos veciños; onde xa había muros, arranxáronse, e onde estaban caídos ou desapareceran, repuxéronse.

A obra incluíu, na seguinte fase, tamén a renovación do saneamento de pluviais, con novas arquetas e as canalizacións correspondentes. Por último, rexenerouse totalmente o asfaltado cunha nova capa de aglomerado.

Esta obra seguiu a política do Concello de respectar os entornos e as estéticas propias do medio rural, adaptando as novas obras a esa estética, integrando as intervencións na paisaxística propia das nosas aldeas. Neste sentido, cabe destacar o emprego de materiais, como a pedra, que casan moi ben coa estética destes lugares.

Ademais hai que reseñar que a intervención realizada polo Concello serviu de estímulo e acicate aos veciños, os cales, pola súa parte, realizaron tamén obras de mellora nas súas casas (pintado de fachadas) e o seu entorno (reparación e integración de muros, etc.), o que contribuíu inda máis a darlle unha estética única a toda a zona. Podemos, polo tanto, falar dunha rehabilitación integral desta área, sumándose a intervención veciñal á intervención municipal.

O investimento nesta obra foi de 73.693 €, aos que hai que engadir o custo do aglomerado, o cal formou parte dun proxecto de aglomerados de varios viais do Concello.

Exit mobile version