Site icon Crónica3.com A Mariña

O CSI-F propón realizar unha asemblea de traballadores de Alcoa

O Comité de Empresa de ALCOA reuniuse este xoves e acordou solicitar á empresa unha nova reunión para aclarar puntos da documentación que lles foi entregada na última xuntanza.

O CSI-F puxo sobre a mesa de Comité a súa proposta de realizar unha asemblea de traballadores, despois da reunión con ALCOA, onde se “debe plantexar convocar un día de folga na fin de semana para que solo afecte ao persoal de quendas que é, ao fin de contas, o que saca a produción e acordar uns servizos mínimos que só manteñan as instalacións, pero eviten o seu funcionamento”, segundo manifesta José Manuel Piñar Quesada.

O CSI-F tamén esixe que se realice unha votación en urna dos asistentes á asemblea para saber ata onde están dispostos a chegar coa presión ds traballadores.

Nos vindeiros días tomaranse decisións co fin tratar de encontrar saída ao convenio colectivo.

Exit mobile version