Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Popular de Burela presenta unha moción solicitando o incremento da cota da pescada

Burela, a 29 de agosto de 2013.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela presentou unha moción na que solicita que a Comisión Europea incremente a cota de capturas da pescada, en consonancia coa iniciativa que o propio Partido Popular vai levar ó Parlamento Galego.

A concelleira popular Patricia López Eijo manifestou que “os datos científicos avalan que agora mesmo hai máis pescada ca nunca nos caladoiros do norte, e están afirmando que se pode aumentar hasta prácticamente un cincuena por cento o Total Admisibel de Capturas (TAC) para 2014. De feito, España e Irlanda acaban de pedir á Comisión Europea unha revisión do TAC da pescada norte xa para este ano 2013, que o que tamén pedimos desde o Partido Popular de Burela”.

López Eijo manifestou que “a pescada é a principal especie comercial da lonxa de Burela tanto por facturación como por importe, e os armadores da nosa vila levan tempo reivindicando o incremento das cuotas de captura da pescada”. A concelleira popular engadiu que “esta medida de incremento de cuotas de captura tamén pode ser extensible ó rape do norte e ó gallo”.

Pola súa banda, o alcalde, José María González Barcia, indicou que “tén que quedar absolutamente de manifesto o noso total apoio ó sector pesqueiro, porque somos conscientes da importancia do mesmo para a economía da nosa vila, pero tamén para a comarca. E como sempre estivemos apoiando as peticións do sector pesqueiro, unha vez máis volveremos a apoialos, porque calquera incremento de captura que se dea en calquera especie, significará mantemento e mesmo incremento de postos de traballo e de xeneración de riqueza”.

González Barcia afirmou que “a moción será levada ó pleno ordinario que se celebrará o derradeiro xoves de este mes, e espero que a oposición actúe en consecuencia. Os socialistas acostuman a ser mui dubitativos coas cousas da pesca, esquecéndose ás veces que Burela é mar e quere seguir sendo mar”.

En 2012, descargaronse no porto de Burela un total de 6.250 toneladas de pescada que deixaron uns ingresos por venta directa de 28’5 millóns de euros.

Exit mobile version