As parellas que saíron vitoriosas, foron:
-1ª categoría masculina: impúxose a parella xovense formada por Juchi-Borja a Luismi-Jesús 6-2/6-0.
-1ª categoría feminina: impúxose a parella xovense formada por Tatiana-Elia a Lara-Gemma por un tanteador de 6-3/6-0.
-Categoría mixta: gañaron os xovenses Marcelo Gradaílle-Tatiana Durán a Jacobo Gradaílle-Elia por un resultado de 6-4/6-4.
-2ªcategoría masculina: gañou a parella viveirense formada por Pablo-Pino aos xogadores de Ribadeo Suso Novo-Jose Carvajales por un resultado de 6-0/6-3.
-2ª categoría feminina: gañou a parella viveirense formada por Mariana-Noelia a Berta-Inés por un resultado de 6-4/6-4.
Rematado o torneo, dende o concellería de deportes e turismo destacan unha gran participación ao alcanzar as 60 parellas “que son moitas para tratarse dunha primeira edición”, segundo manifesta a concelleira Cristina Iglesias. Outro aspecto a destacar foi o gran ambiente reinante durante toda a competición, sinalado por tódolos participantes, moitos dos cales xa lle pediron á organización a celebración dunha nova edición.